sábado, 26 de abril de 2014

Visita á base forestal de Marroxo, na Ribeira Sacra.


Esta é unha das actividades programadas nas dúas comarcas afectadas polos incendios forestais neste proxecto "Monte sen lume". O alumnado do IES Daviña Rey fai anos que realiza esta visita. Son conscientes de que os medios para a extinción son moitas veces insuficientes, saben que iso podería evitarse se o monte non ardera, ademáis do custo económico que conleva. Estudan as causas, ven as consecuencias e son testemuñas das investigacións que realizan os axentes forestais para averiguar donde e como xurde o lume nun incendio. Por outra banda, os perigos son moitos e os riscos que corren os axentes son as veces, segundo a orografía do lugar afectado, un elemento mais que preocupa a toda a sociedade da comarca.Temos que loitar todos xuntos para que non se repitan verán tras verán.






















A visita tivo a súa pequena repercusión mediática na prensa. Ver noticia