venres, 18 de outubro de 2013

Logo do lume, que nos queda?

Ano tras ano os lumes en Galicia causan estragos importantes na nosa fermosa paisaxe, moitos deles irrecuperables. Existen comarcas especialmente afectadas por este problema, entre elas están a de O Rosal e a Comarca de Lemos ...

No vídeo anterior o alumnado do CPI do Rosal amosa os incendios que este verán do 2013 sufriron moi preto das súas vivendas, nos parques naturais que tanto coñecen e que ven con tristeza este días de outono.

A uns 165 kilómetros, na comarca de Lemos, nas beiras do Sil, do Cabe e do Miño, o alumnado do IES Daviña Rey presenta as consecuencias do lume ...


Únense estes sentimentos de pena aos dunha amizade entre os profesores que deciden traballar xuntos para recoller as inquedanzas do alumnado sobre este problema.
Xurde a un tempo unha oportunidade para elaborar un proxecto colaborativo entre os dous centros a través do  Plan Proxecta  da Consellería de Educación e Cultura e do programa O Monte Vivo da Consellería do Medio Rural e do Mar, e decidimos aproveitar esta canle para dar forma ao noso traballo.
Pensamos que unha boa parte dos lumes son causados pola falta de coñecementos sobre o tema, por falsos mitos e creencias, pola ignorancia respecto das consecuencias que teñen a corto e longo prazo, tanto económicas como naturais.

Por iso traballaremos xuntos para mellorar a nosa paisaxe, aprender, e concienciar á sociedade na que queremos vivir do noso sono, un Monte sen Lume.