sábado, 26 de abril de 2014

Entrevista ao señor Alcalde do Rosal. Por un Monte sen lume

O alumnado do PDC 1 do C.P.I. Manuel Suárez Marquier entrevista ao señor alcalde do Rosal,D. Jesús María Fernández Portela, sobre os incendios forestais que tiveron efectos devastadores nos montes deste concello. Os muiños do Folón e  Picón quedaron totalmente queimados. Foran restaurados como espazo de interese turístico-etnográfico-natural despois dos incendios do ano 2006. Agora tardarán moitos anos en volver a ter o mesmo valor paisaxístico.


Curso 2013-2014. Proxecto "Monte sen lume"- Plan Proxecta.