Curso 2013-2014. Proxecto "Monte sen lume"- Plan Proxecta.
Proxecto TIC bilingüe I.E.S. Daviña Rey e C.P.I. Manuel Suárez Marquier Monforte de Lemos - O Rosal Distrito VIII e XVIII
sábado, 26 de abril de 2014
Entrevista ao señor Alcalde do Rosal. Por un Monte sen lume
O alumnado do PDC 1 do C.P.I. Manuel Suárez Marquier entrevista ao señor alcalde do Rosal,D. Jesús María Fernández Portela, sobre os incendios forestais que tiveron efectos devastadores nos montes deste concello. Os muiños do Folón e Picón quedaron totalmente queimados. Foran restaurados como espazo de interese turístico-etnográfico-natural despois dos incendios do ano 2006. Agora tardarán moitos anos en volver a ter o mesmo valor paisaxístico.
Curso 2013-2014. Proxecto "Monte sen lume"- Plan Proxecta.
Curso 2013-2014. Proxecto "Monte sen lume"- Plan Proxecta.
Visita á base forestal de Marroxo, na Ribeira Sacra.
Esta é unha das actividades programadas nas dúas comarcas afectadas polos incendios forestais neste proxecto "Monte sen lume". O alumnado do IES Daviña Rey fai anos que realiza esta visita. Son conscientes de que os medios para a extinción son moitas veces insuficientes, saben que iso podería evitarse se o monte non ardera, ademáis do custo económico que conleva. Estudan as causas, ven as consecuencias e son testemuñas das investigacións que realizan os axentes forestais para averiguar donde e como xurde o lume nun incendio. Por outra banda, os perigos son moitos e os riscos que corren os axentes son as veces, segundo a orografía do lugar afectado, un elemento mais que preocupa a toda a sociedade da comarca.Temos que loitar todos xuntos para que non se repitan verán tras verán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)